CLAVES PARA O FUTURO DAS RELIXIÓNS

 

Promover unha figura misericordiosa do divino

Da indiferenza nacen o odio, o conflito, a violencia (…). Temos que opoñernos á deformación da mensaxe das relixións e dos seus símbolos por parte dos autores da violencia. Recuperar o relixioso polo relixioso, esa é a esixencia necesaria a fin de promover a dimensión humanitaria dunha figura do divino que se quere misericordiosa, xusta e caritativa. (BARTOLOMÉ I, patriarca ecuménico de Constantinopla)

 

Desde o profundo das nosas tradicións

Non estamos aquí para afirmar un mínimo común  denominador do que creemos, senón para alzar a voz do profundo das nosas tradicións en toda a súa singularidade, de modo que a familia humana poida ser plenamente consciente de canta sabedoría haberá que alcanzar na loita contra a tolemia dun mundo aínda obsesionado polo medo e as sospeitas, aínda namorado da idea dunha seguridade baseada nunha hostilidade defensiva e aínda capaz de tolerar ou ignorar as enormes perdas de vida entre os máis pobres por mor da guerra e as enfermidades. (ROWAN WILLIAMS, arcebispo de Canterbury e primado da Comuñón Anglicana)

 

Unha fe que cambia e renova a vida

Da forza liberadora no amor de Deus deriva unha nova visión do mundo e un novo xeito de achegarse ao outro, sexa un simple cidadán ou todo un pobo. Trátase dunha fe que cambia e renova a vida. (NORVAN ZAKARIAN, delegado en Europa do Catolicado armenio)

 

Unha paz xusta en Xerusalén

Para o Consello Ecuménico das Igrexas, un compromiso moi concreto para os anos próximos será traballar a favor dunha paz xusta en Xerusalén e para todos os pobos que viven en Xerusalén, a cidade que leva no seu nome ‘Shalom-Shalem’, paz. É a cidade chamada a ser unha visión de paz, pero que no curso da historia se converteu con frecuencia nun lugar de conflito. (OLAV FYKSE TVEIT, secretario do Consello Ecuménico das Igrexas)

 

Creados para a paz

Para moitos no noso mundo, a paz é unha necesidade pragmática (en efecto, é verdade e non debemos diminuír a bendición que representa para o noso mundo ese pragmatismo). Con todo, o que os homes e mulleres de fe buscan e anhelan é ‘subir á montaña do Señor’, unha idea de paz como expresión sublime da vontade divina e da imaxe divina coa que todo home foi creado. (DAVID ROSEN, Rabino director de Asuntos Interrelixiosos)

 

Paz de todos para todos

Chegou o momento para todos os líderes das relixións do mundo de adoptar un novo marco conceptual no que ás relixións indíxenas se lles dea o mesmo respecto e consideración que ás outras relixións. Non pode haber paz no mundo cando non respectamos, abusamos ou desprezamos os nosos veciños. (WANDE ABIMBOLA, portavoz das relixións ifu e yoruba)

 

A paz é o camiño

A paz non pode nunca ser conseguida coa violencia (…). A paz mesma é o camiño. O noso común obxectivo de paz só pode ser conseguido mediante o noso compromiso coa verdade –satyagraha–. Este compromiso, aínda que se vexa obstaculizado e impedido, atopa o mesmo o seu camiño mediante a non-violenta, na cooperación. A historia é testemuña da súa forza. (ACHARYA SHRI SHRIVATSA, representante do hinduísmo)

 

Fraternidade a favor da vida

Non hai posto para a violencia ou o terrorismo na relixión, que subliña como toda vida é preciosa e debe ser amada. Por esta razón, quixer propoñer unha ‘fraternidade a favor da vida’, a unión das persoas de fe para eliminar as razóns da violencia e da guerra conducida en nome da relixión ou da ideoloxía. (IASEUNG, budista coreano)

 

Comprender verdadeiramente o propio destino

Noso deber como comunidades relixiosas é levar a todos os crentes a liberdade de comprender verdadeiramente o propio destino e corrixir as comprensións equivocadas da relixión que levan aos conflitos sociais na humanidade. (KYAI HAJI HASYIM MUZADI, secretario da Conferencia de Estudosos Islámicos)

 

Nós somos a historia

O home non fai a historia, nós somos a historia. Por primeira vez o homo sapiens pode destruír a terra e a si mesmo en nome das propias crenzas, relixións ou ideoloxías. Tamén por vez primeira os homes e mulleres son capaces de revalorizar en completa transparencia a relixiosidade constitutiva do ser humano. O encontro das nosas diversidades en Asís testemuña que a hipótese da destrución non é a única posible. (JULIA KRISTEVA, filósofa non crente)