Lugares anexos ó templo
- As capelas laterais:
son como outras tantas pequenas igrexas dentro da principal. Responden o desexo de dar culto a santos locais e universais de maior devoción.
- Bautisterio:
hoxe o bautisterio cedeu o seu lugar á pila bautismal. Está colocado nos pórticos das grandes basílicas ou moi contiguos a elas.
- Sancristía:
lugar sacro para gardar os ornamentos e vestiduras sacras, cálices, e obxectos do culto. Con frecuencia atópase dentro da sancristía o relicario, ou capela onde se custodia e expón o tesouro das reliquias de santos e vasos de ourivaría.
- Torres e campanarios:
que indican a presenza de Deus nese lugar. As frechas dos campanarios rematan, as máis das veces, cunha cruz, un catavento ou un galo. A cruz proclama o signo de Cristo; o catavento lembra os vaivéns da fama e o efémero da vida; e o galo é símbolo da vixilancia.
- A cripta:
os primeiros cristiáns usábana como sepulcro para os seus santos mártires e para sitio de reunión no día do aniversario do seu martirio. Co tempo, cada cripta sepulcral converteuse nunha pequena capela sobre a que se erixiron logo outras igrexas superiores, facendo coincidir os altares de ambas.