Pregarias Eucarísticas II (continuación)
DEUS VAI GUIANDO A SÚA IGREXA - V(A)
S: Dámosche grazas, Señor e Pai noso, bendicímoste e glorificámoste, porque creaches todas as cousas e nos chamaches á vida. Ti nunca nos deixas sós, maniféstaste vivo e presente no medio de nos.
T: Xa en tempos antigos guiaches a Israel, o teu pobo, con man poderosa e brazo estendido, a través dun inmenso deserto. Hoxe acompañas á túa Igrexa peregrina, dándolle a forza do teu Espírito.
S: Por medio do teu Fillo nos abres o camiño da vida, para que, a través deste mundo, cheguemos ao gozo perfecto da túa gloria. Por iso, cos anxos e cos santos, cantamos sen cesar o himno da túa gloria: Santo...
T: Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco no cambio da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congregue para o banquete pascual do teu amor. Como fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el nos explica as Escrituras e parte para nos o pan.
S: Rogámosche, pois, Pai todopoderoso, que envíe-lo teu Espírito sobre este pan e este viño, de maneira que sexan para nos Corpo e Sangue de Xesucristo, Fillo teu e Señor noso. El mesmo, a véspera da súa Paixón, mentres estaba á mesa cos seus discípulos, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, dicindo:
- Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.
Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:
- Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,
o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,
para o perdón dos pecados. Facede isto en memoria de min.
S: Cristo entregouse por nós.
T: Pola túa cruz e resurrección nos salvaches, Señor.
S: Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamámo-la obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte na cruz, resucitou á vida nova e glorificouse á túa dereita.
T: Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio nos abre o camiño cara ti. Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito de Amor, o Espírito do teu Fillo.
S: Fortalécenos con este mesmo Espírito a todos os que fomos invitados á túa mesa, para que todos nos, pobo de Deus, cos nosos pastores, O Papa N., o noso bispo N., os presbíteros e diáconos, camiñemos ledos na esperanza e firmes na fe, e comuniquemos ao mundo o gozo do Evanxeo. Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, cuxa fe só ti coñeciches; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.
T: E, cando remate a nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nos no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.
S: En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos
os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.
S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito
Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.
XESUS É O NOSO CAMIÑO - V (B)
S: Dámosche grazas e bendicímoste, Deus santo e forte, porque dirixes con sabedoría os destinos do mundo e coidas con amor de cada un dos homes.
T: Ti convídasnos a escoitar a túa palabra, que nos reúne nun só corpo,
e a manternos sempre firmes no seguimento do teu Fillo.
S: Porque só El é o camiño que nos conduce cara a ti, Deus invisible, a verdade que nos fai libres, a vida que nos ateiga de ledicia. El é o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, morrendo destruíu a nosa morte, e resucitando restaurou a vida.
T: Por iso, Pai, porque o teu amor é grande para connosco, dámosche grazas, por medio de Xesús, o teu Fillo amado, e unimos as nosas voces ás de todos os crentes, para cantar e proclamar a túa gloria: SANTO...
S: Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco nas encrucilladas da vida, sobre todo cando Cristo, teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do seu amor.
T: Como o fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, El explícanos as Escrituras
e parte para nós o pan.
S: Rogámoste, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño,
de xeito que sexan para nós Corpo e Sangue de Xesús Cristo, teu Fillo e Señor noso. El, a véspera da
súa Paixón e Morte, mentres ceaba, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo
aos seus discípulos, dicindo:
- Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.
Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:
- Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,
o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,
para o perdón dos pecados. Facede isto en memoria de min.
Aclamade o misterio da redención.
T: Anunciámo-la túa morte, proclamamos a túa resurrección: ¡Ven, Señor Xesús!
S: Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación
e proclamamos a obra do teu amor:
T: Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte na cruz, resucitou á vida nova e foi glorificado á
túa dereita.
S: Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesús Cristo que se ofrece co seu corpo e co seu
sangue e, por este sacrificio, ábrenos o camiño cara a ti.
T: Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito de Amor, o
Espírito do teu Fillo.
S: Fortalécenos a cantos nos dispoñemos a recibir o Corpo e o Sangue do teu Fillo e fai que unidos ao Papa e ao noso bispo, sexamos un na fe e no amor.
T: Dános entrañas de misericordia ante toda a miseria humana, inspíranos o xesto e a palabra oportuna fronte ao irmán só e desamparado, axúdanos a mostrarnos dispoñibles ante quen se sente explotado e deprimido. Que a túa Igrexa, Señor, sexa un recinto de verdade e de amor, de liberdade, de xustiza e de paz, para que todos atopen nela un motivo para seguir esperando.
S: Acórdate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, dos que só ti coñeciches a súa fe; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.
T: E, cando remate a nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nós no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.
S: En comuñón coa Virxe María, os apóstolos, os mártires, san Xoán Bautista de la Salle e todos os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.
S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.
XESUS, MODELO DE CARIDADE - V (C)
S: Dámosche grazas, Pai fiel e cheo de tenrura, porque tanto amaches o mundo que lle entregaches o teu Fillo, para que fose o noso Señor e o noso irmán. El manifesta o seu amor para cos pobres e os enfermos, para cos pequenos e os pecadores.
T. El nunca permaneceu indiferente ante o sufrimento humano; a súa vida e a súa palabra son para nos a proba do teu amor; como un pai sente tenrura polos seus fillos, así ti sentes tenrura polos teus fieis.
S. Por iso, loámoste e glorificámoste e, cos anxos e cos santos, cantamos a túa bondade e a túa fidelidade, proclamando o himno da túa gloria: Santo...
T: Glorificámoste, Pai santo, porque estás sempre connosco no camiño da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do teu amor.
Como o fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el explícanos as Escrituras e parte para nós o pan.
S: Rogámosche, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño para que se convertan no Corpo e no Sangue do teu Fillo. El, a véspera da súa Paixón e Morte, mentres ceaba, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, dicindo:
- Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.
Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:
- Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,
o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,
para o perdón dos pecados. Facede isto en memoria de min.
S: Este é o misterio da nosa fe.
T: Anunciámo-la túa morte, proclamamos a túa resurrección. ¡ Ven, Señor Xesús!
S: Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamamos a obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, quen a través do sufrimento e a morte na cruz, resucitou á vida nova e foi glorificado á túa dereita.
Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio, nos abre o camiño cara ti.
T: Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nós o Espírito do Amor, o Espírito do teu Fillo.
S: Fortalece ao teu pobo co Corpo e o Sangue do teu Fillo e renóvanos a todos coa súa imaxe.
Derrama a túa bendición abundante sobre o papa N. e sobre o noso bispo N.
T: Que todos os membros da Igrexa saibamos discernir os signos dos tempos e medremos na fidelidade ao Evanxeo; que nos preocupemos por compartir na caridade as angustias e as tristuras, as alegrías e as esperanzas dos homes, e así lles amosemos o camiño da salvación.
S: Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo e de todos os demais defuntos que viviron con fe e esperaron en ti; admíteos a contemplar a luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.
T: E, cando remate esta nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nós no teu reino,
onde esperamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.
S: En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor Noso.
S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.
A IGREXA CAMIÑA CARA A UNIDADE - V (D)
S: Dámosche grazas, Pai de bondade, e glorificámoste, Señor, Deus do universo, porque non cesas de convocar a xentes de toda raza e cultura, por medio do Evanxeo do teu Fillo, e os reúnes nun só corpo, que é a Igrexa.
T: Esta Igrexa, vivificada polo teu Espírito, resplandece como signo da unidade de todos os homes, dá testemuño do teu amor no mundo e abre a todos as portas da esperanza.
S: Desta forma convértese nun signo de fidelidade á alianza, que selaches connosco para sempre. Por iso, Señor, enaltécente o ceo e a terra, e tamén nos, unidos a toda a Igrexa, proclamamos o himno da túa gloria:
Santo...
S: Glorificámoste, Pai santo, porque estas sempre connosco no camiño da vida, sobre todo cando Cristo, o teu Fillo, nos congrega para o banquete pascual do teu amor. Como fixo noutro tempo cos discípulos de Emaús, el nos explica as Escrituras e parte para nos o pan.
S: Rogámoste, pois, Pai todopoderoso, que envíes o teu Espírito sobre este pan e este viño, de
maneira que sexan para nos, Corpo e Sangue de Xesucristo, Fillo teu e Señor noso. El mesmo, a
véspera da súa Paixón, tomou o pan nas súas mans e, dándoche grazas, partiuno e déullelo aos seus
discípulos, dicindo:
- Tomade e comede todos del; pois isto é o meu corpo que se vai entregar por vós.
Despois tomou o cáliz, de novo deuche grazas, dicindo:
- Tomade e bebede todos del, pois isto é o cáliz do meu sangue,
o sangue da nova e eterna alianza, que se vai verter por vós e por todos os homes,
para o perdón dos pecados. Facede isto en memoria de min.
S: Aclamade o Misterio da redención.
T: Cada vez que comemos deste pan e bebemos deste cáliz, anunciamos a túa morte, Señor, ata que volvas.
S: Por iso, Pai de bondade, celebramos agora o memorial da nosa reconciliación, e proclamamos a obra do teu amor: Cristo, o teu Fillo, a través do sufrimento e da morte en cruz, resucitou á vida nova e glorificouse á túa dereita. Dirixe a túa mirada, Pai santo, sobre esta ofrenda; é Xesucristo que se ofrece co seu Corpo e co seu Sangue e, por este sacrificio, nos abre o camiño cara a ti.
T: Señor, Pai de misericordia, derrama sobre nos o Espírito do Amor, o Espírito do teu Fillo.Fai que a nosa Igrexa se renove constantemente á luz do Evanxeo e atope sempre novos impulsos de vida; consolida os vínculos de unidade entre os laicos e pastores da túa Igrexa, entre o noso Bispo e os seus presbíteros e diáconos, entre todos os bispos e o Papa; que a Igrexa sexa, en medio do noso mundo, dividido polas guerras e as discordias, instrumento de unidade, de concordia e de paz.
S: Lémbrate tamén, Pai, dos nosos irmáns que morreron na paz de Cristo, e de todos os demais defuntos, cuxa fe só ti coñeciches; admíteos a contempla-la luz do teu rostro e lévaos á plenitude da vida na resurrección.
T: E, cando remate a nosa peregrinación por este mundo, recíbenos tamén a nos no teu reino, onde agardamos gozar todos xuntos da plenitude eterna da túa gloria.
S: En comuñón coa Virxe María, Nai de Deus, os apóstolos e os mártires, e todos os santos, invocámoste, Pai, e glorificámoste, por Cristo, Señor noso.
S+T: Por Cristo, con El e Nel, a ti Deus Pai omnipotente, en unión co Espírito Santo, todo honor e toda a gloria por sempre eternamente. Amén.