Semana XXXII
SEMANA 32ª DO TEMPO ORDINARIO
491.- LUNS
ANO 1
PRIMEIRA Sab 1, 1-7:
O Espírito que ama ó home e a sabedoría: o Espírito do Señor encheu toda a terra
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORIA
1 1Amade a xustiza os que gobernáde-lo país,
tede do Señor un bo concepto
e procurádeo cun corazón sinxelo,
2que se deixa El atopar polos que non o tentan
e revélase ós que del non desconfían.
3Argumentos revirados son os que afastan de Deus
mais o seu poder, posto a proba, acusa ós insensatos;
4pois non entra a Sabedoría nunha alma retorcida
nin mora nun corpo suxeito ó pecado.
5O espírito santo foxe da educación ficticia,
afinca lonxe das matinacións necias
e, sobrevindo a inxustiza, é refugado.
6En verdade a Sabedoría é un espírito benévolo co home
mais non deixará impune ó blasfemo lareteiro
porque Deus é testemuña das súas entrañas,
controlador veraz do seu corazón
e oidor da súa lingua;
7dado que o espírito do Señor enche o mundo
e quen mantén unido o universo sabe canto se di.
SALMO RESPONSORIAL Sal 138, 1-3. 4-6. 7-8. 9-10
R/ (24b): Guíame, Señor, polo camiño eterno
1Do mestre do coro. De David, salmo.
Señor, ti escúlcasme a fondo e coñécesme ben,
2ti sabes cando sento e me levanto,
penetras nos meus pensamentos desde lonxe.
3Ti distingues cando me movo e cando estou quedo
e os meus camiños sonche todos familiares.
4Aínda non está na miña lingua a palabra
e xa ti, Señor, a coñeces enteira.
5Envólvesme por detrás e por diante,
e sobre min tes posta a túa man.
6Admirable por demais me resulta este saber,
tan alto que non o alcanzo.
7¿Onde me podería arredar do teu alento?
¿A onde fuxir da túa ira?
8Se subo ó ceo, alí estás;
se baixo ó abismo, estás presente.
9Se me ergo nas ás da aurora
e emigro ó extremo dos mares,
10ata alí me leva a túa man
e me colle a túa dereita.
ANO 2
PRIMEIRA Tit 1, 1-9:
Establece presbíteros como che mandei
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TITO
1 1Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para leva-los escolleitos de Deus
á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira 2e que se
apoia na esperanza da vida eterna. Deus, que non mente, prometera xa antes de tódolos
tempos esa vida 3e ó tempo debido cumpriu publicamente á súa palabra pola
predicación, que se me confiou, por mandato do noso Salvador Deus.
4A Tito, meu fillo lexítimo na fe común, deséxoche a gracia e a paz de Deus, Pai de
Cristo Xesús, o noso Salvador.
5Deixeite en Creta, para que seguises endereitando o que faltaba e para que nomeases
responsables en cada vila, tal como che prescribín eu: 6teñen que ser xente honesta,
homes dunha soa muller, que teñan fillos crentes, non acusados de mala conducta ou
desobedientes. 7Porque cómpre que o responsable sexa sen tacha, coma administrador
de Deus: nin soberbio, nin iracundo, nin insolente, nin rifador, nin amigo dos cartos;
8senón hospitalario, amigo do ben, asisado, xusto, santo, e dono de si, 9que se afinque
na palabra certa conforme lla ensinaron para que sexa capaz de exhortar pola doutrina
verdadeira e de convence-los contradicentes.
SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/ (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa prersencia, Señor
Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e canto nel habita.
2El é quen a fundou sobre os mares
e quen a asegurou sobre as correntes.
3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?
¿Quen poderá quedar no seu santuario?
4O que ten as mans limpas e puro o corazón,
o que non pon a mente en cousas vas
5Ese recibirá do Señor bendición
e xustiza de Deus, o seu salvador.
6Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.
ALELUIA Flp 2, 15d. 16a:
Luciredes coma fachos no mundo,
porque contéde-la palabra daq vida
EVANXEO Lc 17, 1-6:
Se sete veces ó día se volve a ti dicindo: pésame, perdoaraslle
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
17 1Dilles Xesús ós seus discípulos:
-É irremediable que haxa escándalos; pero ¡ai de quen os provoca! 2Máis lle valía que
lle colgasen unha pedra de muíño no pescozo e que o largasen ó mar antes que
escandalizar a un destes pequeniños. 3An-dade con coidado.
Se o teu irmán che fai mal, repréndeo; se se arrepinte, perdóao. 4E se te ofende sete
veces no día e sete veces volve a ti dicindo: "Síntoo moito", perdóao.
5Rogáronlle os apóstolos ó Señor:
-¡Auméntano-la fe!
6O Señor respondeulles:
-Se tivesedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira:
"Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
492.- MARTES
ANO 1
PRIMEIRA Sab 2, 23--3, 9:
Parecíalles ós insensatos que morrían, pero eles están en paz
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
23Deus creou ó home para a incorrupción
e fíxoo imaxe do seu propio ser,
24mais pola envexa do demo entrou a morte no mundo,
e os seus secuaces téñena de probar.
3 1Pero as vidas dos xustos están na man de Deus:
non haberá tormento que as toque.
2As xentes insensatas coidaban que morreran
e o seu tránsito semellaba unha desgracia,
3o seu partir de entre nós, unha desfeita,
mais eles fican en paz.
4Aínda que para o ollar humano fosen magoados,
a súa esperanza ía preñada de inmortalidade;
5corrixidos no pouco, acadarán moito
pois foi Deus quen os probou
e atopounos dignos de si.
6Depurounos coma ouro no crisol,
aceptounos coma sacrificio de holocausto.
7No momento de lles pedir contas resplandecerán,
saltarán coma as muxicas dos carozos;
8gobernarán países, dominarán nos pobos
e sobre eles reinará o Señor eternamente.
9Os que nel afiúnzan acadarán a verdade,
os fieis no amor serviranlle moi cerca,
pois concede El o seu piadoso favor ós virtuosos
e a protección ós que El elixiu.
SALMO RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 16-17. 18-19
R/ (2a): Eu bendigo ós Señor en todo instante
2Eu bendigo ó Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
16Os ollos do Señor están cara ós xustos,
os seus oídos cara ó seu clamor;
17mais o Señor mira con enfado ós malvados,
para borrar da terra a súa memoria.
18Claman aqueles, e o Señor escoita,
líbraos de tódalas angustias.
19O Señor está preto do aflixido,
salva ó asoballado.
ANO 2
PRIMEIRA Tit 2, 1-8. 11-14:
Vivamos piadosamente esperando a esperanza ditosa e o advenimento de Deus e do
noso Salvador Xesús Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TITO
Benquerido irmán:
2 1Ensina o que é conforme á boa doutrina. 2Que os vellos sexan sobrios, serios,
prudentes, sans na fe, na caridade, na paciencia.
3As vellas o mesmo: que sexan honestas no coidado da súa compostura, nin
lingoreteiras, nin moi amigas do viño, mestras do ben, 4para que exhorten ás novas a
quereren ós seus homes e ós seus fillos, 5asisadas, limpas, boas administradoras da casa,
sumisas ós seus propios homes, para non desprestixia-la palabra de Deus.
6Exhorta tamén ós novos a seren asisados, 7mostrándote ti mesmo en todo coma
exemplo de boa conducta: incorrupto na doutrina e serio. 8Ensina unha palabra sa e
indiscutible, para que o contrario se avergonce, non tendo nada malo que dicir de nós.
11Porque a gracia de Deus viuse que era fonte de salvación para tódolos homes. 12Ela
ensínanos que arreneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no
mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso, 13agardando a bendita
esperanza e a manifestación gloriosa do noso gran Deus e Salvador Xesús Cristo. 14El
entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo
escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.
SALMO RESPONSORIAL Sal 36, 3-4. 18 e 23. 27 e 29
R/ (39a): A salvación dos xustos vén do Señor
3Confía no Señor e fai o ben,
vive na terra, practicando a lealdade;
4pon as delicias no Señor:
El darache o que arela o teu corazón.
18O Señor coida da sorte dos honrados,
a súa herdade é duradeira.
23O Señor asegura os pasos do home
que co seu camiño o comprace.
27Fuxe do mal e fai o ben,
e terás casa duradeira;
29Os xustos herdarán a terra
e habitarán nela para sempre.
ALELUIA Xn 14, 23:
Quen me ama, gardará a miña palabra, di o Señor
e o meu Pai amarao; e viremos a el
EVANXEO Lc 17, 7-10:
Somos servidores inútiles: fixemos o que tiñamos que facer
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Di o Señor:
7¿Quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga:
"Entra axiña e ponte á mesa". 8¿Non lle dirá máis ben: "Prepara a cea, viste a roupa de
traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?"
9¿Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ó criado por face-lo que lle manda?
10Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide: "Somos simples
servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer".
493.- MÉRCORES
ANO 1
PRIMEIRA Sab 6, 1-11:
Escoitade, reis, para que aprendáde-la sabedoría
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
6 1¡Escoitade, reis, e sede perspicaces!
¡Aprendede, gobernantes das terras máis remotas!
2¡Dade oídos, os que domináde-la xente
e vos gabades de ter multitudes de pobos!
3Do Señor vénvo-lo poder
e a soberanía da parte do Altísimo;
El examinará as vosas obras e esculcará as vosas intencións,
4porque sendo ministros do seu reinado non gobernastes conforme a dereito
nin gardáste-la lei
nin procedestes segundo a vontade de Deus.
5Arrepiante e repentino caerá sobre vós,
pois faise un xuízo severo de quen está no alto.
6Xa que ó pequeno se lle disimula por piedade
mais os grandes son xulgados con grande rigor,
7porque non se deixa amedoña-lo dono do universo
nin o impresionan as grandezas,
dado que foi El quen fixo a pequenos e grandes
e por igual se considera de todos,
8mais ós que se cren fortes espéraos unha enquisa rigorosa.
9A vós, polo tanto, soberanos, dirixo as miñas verbas
para que aprendades Sabedoría e non teñades tropezos,
10pois só os que santamente observan as cousas santas serán estimados santos
e os que se instrúan nelas atoparán defensa.
11Arelade, por tanto, as miñas verbas;
anceiádeas e seredes instruídos.
SALMO RESPONSORIAL Sal 81 3-4. 6-7
R/ (8a): Érguete, Deus, para xulga-la terra
3Facede xustiza ós pobres e ós orfos,
dade o seu dereito ós humildes e ós pobres,
4rescatade ós pobres e oprimidos,
librádeos da man dos malvados.
6Eu dixera: -"Sodes deuses,
fillos todos do Altísimo;
7pero morreredes coma os homes,
caeredes o mesmo cós tiranos".
ANO 2
PRIMEIRA Tit 3, 1-7:
Estabamos perdidos, pero salvounos conforme a súa misericordia
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TITO
Benquerido irmán:
3 1Recórdalles que se sometan ás autoridades, que as obedezan, que estean dispostos
para toda obra boa. 2Que non difamen a ninguén, que sexan pacíficos, xustos, amables
con todo o mundo. 3Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados,
escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos
de odio uns para os outros. 4Pero cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o
noso Salvador, 5salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa
misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito
Santo. 6Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso
Salvador, 7a fin de que, xustificados pola súa gracia, nos fixesemos herdeiros da vida
eterna, conforme á esperanza.
SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4 5- 6
R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta
O Señor é o meu pastor: nada me falta.
2Os pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
3El repón as miñas forzas.
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
5Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.
ALELUIA 1 Tes 5, 18:
Dádelle gracias a Deus por todo:
que tal é a vontade de Deus en Cristo para connosco
EVANXEO Lc 17, 11-19:
¿Non houbo que volvera dar gloria a Deus senón este estranxeiro?
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
11Indo Xesús camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, 12ó entrar
nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ó lonxe, 13e dando voces suplicáronlle:
-Xesús, Mestre, ten dó de nós.
14El, ó velos, díxolles:
-Idevos presentar ós sacerdotes.
E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. 15E un deles, ó se decatar de que
estaba curado, volveu louvando a Deus con grandes voces. 16E postrándose, rostro en
terra, ós pés de Xesús, deulle as gracias. Era un samaritano. 17Xesús dixo:
-¿Non foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? 18¿Nin-guén,
fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
19E engadiu:
-Érguete e vaite: salvoute a túa fe.
494.- XOVES
ANO 1
PRIMEIRA Sab 7, 22--8, 1:
A sabedoría é claror da luz eterna e espello inmaculado do poder de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
De feito dáse na sabedoría un espírito intelixente, santo,
único, multiforme, sutil,
áxil, penetrante, non contaminado,
diáfano, invulnerable, amante do ben, afiado,
23libre, benfeitor, amigo do home,
estable, seguro, sen angurias,
que todo o pode e todo o observa
e que traspasa tódolos espíritos
intelectivos, puros, e os máis sutís.
24Abofé, máis móbil ca todo movemento é a Sabedoría;
traspasa e atravesa por onde quere en razón da súa enxebreza,
25porque é o alento do poder de Deus,
a emanación máis pura da gloria do Omnipotente;
por iso nada inmundo entrará nela.
26É o raiolar da luz eterna,
espello sen chata da actividade de Deus,
imaxe da súa bondade.
27Sendo unha soa, todo o pode,
permanecendo de seu, todo o renova,
e descendendo en cada xeración nas almas boas
prepara amigos de Deus e profetas,
28pois Deus non ama senón a quen convive coa Sabedoría.
29É, en verdade, máis belida có sol,
excedendo a tódalas constelacións;
comparada coa luz é aínda máis clara;
30pode a noite suceder á luz do día,
mais contra a Sabedoría non ten poder o mal.
8 1Téndese poderosa de extremo a extremo,
e goberna o universo como convén.
SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 89. 90. 91 . 130. 135. 175
R/ (89a): A túa palabra, Señor, é eterna
89A túa palabra, Señor, é eterna,
firme coma o ceo.
90A túa verdade mantense polas xeracións,
ti fundáche-la terra e permanece.
91A túa decisión todo o sostén ata hoxe,
e todo está ó teu servicio.
130A ensinanza da túa palabra reloce,
fai sabios ós ignorantes.
135Fai brillar ante o teu servo a túa presencia
e ensíname os teus mandatos.
175Que eu viva para louvarte
e que me axuden as túas decisións.
ANO 2
PRIMEIRA Flm 7-20:
Recíbeo non xa como escravo, senón coma irmán queridísimo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A FILEMÓN
Benquerido irmán:
7Alegroume e animoume moito a túa caridade, meu irmán: gracias a ti o pobo santo está
máis confortado. 8Por iso, anque teña liberdade en Cristo para che manda-lo que veña ó
caso, 9cádrame máis pedircho, apelando á túa caridade. Así, sen máis título que ser eu
Paulo, un vello que agora está preso por Cristo Xesús: 10pídoche por Onésimo, o meu
fillo, que enxendrei estando na cadea. 11En tempos foiche inútil, mais agora vai ser un
verdadeiro "Onésimo", é dicir, útil para ti e para min tamén. 12Velaí cho mando. Velaí
che vai unha parte de min. ¡Recíbeo!
13Pensei en me quedar con el, para que me axudase no teu lugar, mentres estou preso
polo Evanxeo. 14Pero non quixen facer nada sen contar co teu consentimento, para que
non fagas este ben á forza, senón porque che sae de dentro. 15Igual por iso marchou de
onda ti algún tempo: a fin de que agora o recuperes para sempre, 16non xa coma
escravo, senón coma algo máis ca escravo: coma un irmán benquerido. Para min é moi
querido; ¡moito máis o vai ser para ti, coma home e coma cristián! 17Así que se me
consideras un amigo, acólleo coma a min. 18Se en algo te perxudicou ou se algo che
debe, pono na miña conta. 19Eu, Paulo, firmo co meu puño e letra: pagareino eu. Iso
para non falar de que ti mesmo te me debes. 20Anda, irmán; que eu saque algo de ti no
Señor. Tranquilízate ti coma cristián.
SALMO RESPONSORIAL Sal 145, 7. 8-9a. 9bc-10
R/ (5a): Ditoso aquel a quen socorre o Deus de Xacob
7El garda por sempre a súa fidelidade:
failles xustiza ós oprimidos
e dálles pan ós famentos.
O Señor libra os cativos,
8o Señor abre os ollos dos cegos,
o Señor endereita os dobrados,
o Señor ama os xustos.
9O Señor protexe os forasteiros,
sostén os orfos e as viúvas,
extravía os camiños dos malvados.
10Reine o Señor por sempre,
o teu Deus, Sión, polas xeracións.
Aleluia.
ALELUIA Xn 15, 5:
Eu son a vide, vós os sarmentos, di o Señor;
quen permanece en min e eu nel, ese da froito abondoso
EVANXEO Lc 17, 20-25:
O reino de Deus está dentro de vós
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
20Preguntado Xesús polos fariseos cando chegaría o Reino de Deus, respondeulles:
-O Reino de Deus chegará sen deixarse sentir. 21De tal xeito, que non se dirá: "Velaquí,
ou velaí está"; porque a verdade é que o Reino de Deus xa está entre vós.
22E díxolles ós seus discípulos:
-Virán tempos nos que arelaredes pasar un só día co Fillo do Home e non poderedes.
23E diranvos: "Mirádeo aí, ou aquí"; pero vós non vaiades nin corrades detrás.
24Porque coma o lóstrego brilla refulxente desde un extremo a outro do ceo, así será o
Fillo do Home no seu día. 25Pero antes é preciso que padeza moito e que esta xeración
o rexeite.
495.- VENRES
ANO 1
PRIMEIRA Sab 13, 1-9:
Se chegaron a valora-lo mundo, ¿cómo é que non encontraron ó Señor do mundo?
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
13 1Vans eran, abofé, de seu, tódolos homes que ignoraban a Deus
e que non foron capaces de coñecer Aquel que é,
a través das cousas boas que están á vista,
nin de descubri-lo Artífice contemplando as súas obras;
2senón que foi ó lume, ou ben ó vento, ou ó zoar lene,
á bóveda astral, á auga impetuosa,
ou ás luminarias do ceo, a quen consideraron coma deuses rexedores do cosmos.
3¡Que se, enmeigados pola súa beleza, creron cousas tales seren deuses,
cómpre que saiban ben canto máis belido é o Señor delas,
pois foi o autor da fermosura o que as creou!
4Se ficaron abraiados pola súa potencia e enerxía
¡cavilen a partir delas canto máis poderoso será o que as formou!
5Pois da grandeza e a beleza das creaturas
pódese intuír por analoxía o seu Facedor.
6E, nembargantes, estes merecen unha reprensión pequena
xa que pode que se trabuquen
na procura de Deus e teimando atopalo.
7Pois ó se ocuparen das súas obras para pescudalas,
fascínaos a aparencia, pois son fermosas as cousas que contemplan.
8E, con todo, nin estes son excusables
9xa que, se puideron acadar tanta sabenza
ata chegaren a enxerga-los principios do universo,
¿como é que non descubriron máis axiña ó Señor deles?
SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 2-3. 4-5
R/ (2): Os ceos proclaman a gloria de Deus
2Os ceos proclaman a gloria de Deus,
o firmamento pregoa as obras das súas mans.
3Un día pásalle ó outro a mensaxe,
unha noite transmítelle á outra a noticia.
4Sen que falen nin conten,
sen que se sinta a súa voz,
5por toda a terra vai o seu anuncio,
ata os confíns do mundo a súa palabra.
ANO 2
PRIMEIRA 2 Xn 4-9:
Quen conserva a doutrina, tamén ten ó Pai e ó Fillo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN XOÁN
4Algúns dos teus fillos déronme unha alegría moi grande, cando vin que vivían na
verdade, conforme o que o Pai nos mandou. 5Agora, pídoche, señora, que nos
queiramos ben uns ós outros; e con isto non che anuncio un mandamento novo senón o
mandamento que recibimos desde un principio.
6O amor consiste nisto: en vivirmos conforme os seus mandamentos. Este é o
mandamento que oístes desde o principio para que vivades conforme el.
7Agora andan polo mundo moitos seductores que non profesan que Xesús Cristo veu en
carne mortal: ¡Velaí o seductor e o Anticristo! 8Mirade por vós mesmos: para non
perdérde-lo que traballastes, senón para recibírde-la paga enteira. 9Todo aquel que se
pasa da raia e non segue a doutrina de Cristo, non ten a Deus consigo. Quen segue a
doutrina, ten consigo o Pai e mailo Fillo.
SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 1. 2. 10. 11. 17. 18
R/ (1b): Ditosos os que andan coa lei do Señor
1Ditosos os de conducta intachable,
os que andan coa lei do Señor.
2Ditosos os que observan os seus mandatos
e o buscan de todo corazón;
10Eu búscote de todo corazón,
non me deixes desviar dos teus mandatos.
11No meu corazón escondo os teus ditos,
para non pecar ante ti.
17Faille ben ó teu servo, para que viva
e garde a túa palabra.
18Abreme os ollos para que vexa
as marabillas da túa lei.
ALELUIA Lc 21, 28:
Erguede ben a cabeza e maila vista,
porque está cerca a vosa redención
EVANXEO Lc 17, 26-37:
No día en que será revelado o Fillo do home
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Dilles Xesús ós seus discípulos:
26O que pasou no tempo de Noé pasará tamén no tempo do Fillo do Home. 27Co-mían
e bebían e casaban eles e elas, ata o día no que Noé entrou na arca; logo veu o diluvio e
acabou con todos. 28O mesmo pasou no tempo de Lot: comían, bebían, mercaban,
vendían, plantaban, construían. 29Pero cando saíu Lot de Sodoma, choveu lume e xofre
do ceo, e acabou con todos. 30O mesmo pasará cando se manifeste o Fillo do Home.
31Aquel día o que estea na azotea e teña as cousas dentro da casa que non baixe por
elas; e o que estea na leira que tampouco non volva atrás. 32Que vos acorde o caso da
muller de Lot. 33Quen intente salva-la súa vida perderaa; e quen a perda salvaraa.
34Ase-gúrovolo: nesa noite estarán dous nunha mesma cama: levarán a un e deixarán ó
outro. 35Estarán dúas moendo xuntas; levarán a unha e deixarán a outra.
37Eles preguntáronlle:
-¿Onde Señor?
Respondeulles:
-Onde estea o cadáver xuntaranse os voitres.
496.- SÁBADO
ANO 1
PRIMEIRA Sab 18, 14-16; 19, 6-9:
Apareceu no mar bermello un cam,iño sen impedimento e reloucaron coma años
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
14Cando un silencio mainiño o envolvía todo
e a noite ía mediada na súa pronta carreira,
15deborcouse a túa verba omnipotente desde o ceo, o teu trono real,
coma guerreiro inexorable,
botándose no medio dun país consagrado ó exterminio.
16Levaba coma espada afiada o teu decreto irrevocable;
erguéndose, encheuno todo de morte;
tocaba no ceo mentres camiñaba sobre a terra.
6Porque a creación enteira, cumprindo os teus mandados,
trocouse de novo no seu propio natural
para que os teus fillos fosen conservados salvos;
7apareceu a nube sombreando o campamento,
xurdiu terra enxoita do que antes fora auga;
un vieiro practicable no mar Rubio;
verdecente campía, do que fora mareira forte.
8Por alí foron pasando, mesto pobo, os que ti protexías coa túa man,
ollando estupendos prodixios,
9apacentados coma poldros,
choutando coma años,
e louvándote a ti, Señor, que os ceibaras.
SALMO RESPONSORIAL Sal 104, 2-3. 36-37. 42-43
R/ (5a): Recordade as marabillas que fixo o Señor
Ou: Aleluia
2Cantádelle, tocádelle,
contade as súas marabillas.
3Gloriádevos no seu nome santo
e que se alegre o corazón dos que buscan ó Señor.
36Feriu os primoxénitos en todo o país,
as primicias do seu vigor.
37Entón fíxoos saír con prata e ouro,
sen unha falta nas súas tribos.
42Abofé, lembrouse da promesa
que lle fixera ó seu servo Abraham.
43Sacou o seu pobo con ledicia,
con cantos de triunfo os seus elixidos.
ANO 2
PRIMEIRA 3 Xn 5-8:
Debemos apoiar ós irmáns para sermos cooperadores da verdade
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA TERCEIRA CARTA DE XOÁN
5Meu amigo Gaio, estaste comportando conforme a fe en todo o que fas polos irmáns e
maiormente polos irmáns forasteiros. 6Eles diante da comunidade falaron ben do teu
amor. Farías ben en seguir fornecéndoos para a viaxe, como Deus manda. 7Pois, por
mor do Nome marcharon sen recibiren nada dos pagáns. 8Por iso, nós témo-la obriga de
axudar a homes coma estes, para sermos colaboradores do anuncio da verdade.
SALMO RESPONSORIAL Sal 111, 1-2 . 3-4. 5-6
R/ (1): Ditoso o que teme ó Señor
Ou: Aleluia.
Ditoso o que teme ó Señor
e ten gozo nos seus preceptos.
2A súa descendencia será forte na terra,
a liñaxe dos rectos é bendita.
3Na súa casa hai bens abondo
e a súa prosperidade é duradeira.
4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,
os xustos, os misericordiosos e os clementes.
5Benia quen se apiada e presta,
e goberna os seus bens con xustiza.
6Endexamais non perecerá,
pois de eterna lembranza son os rectos.
ALELUIA Cf. 2 Th 2, 14:
Deus convocounos por medio do Evanxeo,
para adquiri-la gloria do noso Señor Xesús Cristo
EVANXEO Lc 18, 1-8:
Deus fará xustiza ós seus elixidos que a el recorren
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
18 1Xesús proponlles os seus discípulos unha parábola acerca da necesidade de orar
sempre, sen cansar:
2-Había nunha vila un xuíz que nin temía a Deus nin respectaba o home. 3Na mesma
vila había tamén unha viúva, que acudía a el dicíndolle: "Faime xustiza fronte ó meu
contrario". 4El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou:
"Anque non temo a Deus nin respecto o home, 5como esta viúva me está amolando,
voulle facer xustiza, para que non me siga toleando toda a vida".
6E o Señor continuou:
-Escoitade o que di un xuíz inxusto. 7¿E logo Deus non lles vai facer xustiza ós seus
elixidos, que claman día e noite, e non vai ter paciencia con eles? 8Asegúrovos que lles
fará xustiza a tempo. Pero cando chegue o Fillo do Home, ¿el atopará fe sobre a terra?