Semana XXXIV

 

SEMANA 34ª DO TEMPO ORDINARIO

 

503.- LUNS

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 1, 1-6. 8-20:

Non se encontrou quen coma Daniel, Ananías, Misael e Azarías

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

1 1No ano terceiro de Ioaquim, rei de Xudá, chegou a Xerusalén Nabucodonosor, rei de

Babilonia, e asediouna. 2O Señor puxo nas súas mans a Ioaquim, rei de Xudá, e mais

boa parte dos vasos da casa de Deus, que fixo levar para o país de Xinar. Os vasos

depositounos na casa do tesouro dos seus deuses.

 

3O rei ordenou a Axpenaz, xefe dos oficiais, que trouxese de entre os israelitas de

estirpe real ou de familia nobre, 4algúns rapaces que non tivesen ningunha tara, fosen de

bo parecer e instruídos en toda clase de sabedoría, cultos e intelixentes e xeitosos para

serviren no pazo real. Tamén ordenou que lles ensinasen a lingua e maila literatura

caldeas. 5O rei fixoulles unha ración diaria da comida e mais do viño da mesa real. A

súa crianza debía durar tres anos; despois pasarían a servi-lo rei.

 

6Entre eles atopábanse uns xudeus: Daniel, Hananías, Mixael e Azarías.

 

8Daniel propúxose non se contaminar compartindo a comida do rei e mailo viño da súa

mesa, e suplicoulle ó xefe dos oficiais que non o obrigase a se contaminar. 9Deus fixo

que o xefe dos oficiais tivese dó e consideración de Daniel, 10e díxolle:

-Eu teño medo do meu señor, o rei, polo feito de que el determinou o que habiades de

comer e beber, e, se vos vise cun aspecto máis raquítico có dos rapaces da vosa idade,

poñeriades en perigo a miña cabeza diante do rei.

 

11Díxolle entón Daniel ó garda posto polo xefe dos oficiais ó coidado de Daniel, de

Hananías, de Mixael e mais de Azarías:

12-Por favor, ponnos a proba durante dez días: que nos sirvan legumes para comer e

auga para beber. 13Despois podes comproba-lo noso aspecto en relación co dos mozos

que se alimentan cos manxares do rei, e fas connosco conforme vexas.

 

14El aceptou a proposta, e someteunos á proba durante dez días. 15O cabo dos dez días

tiñan mellor aspecto e estaban máis gordos ca tódolos mozos que comían dos manxares

do rei. 16Desde entón o garda retiráballe-la ración da comida e mais do viño que debían

tomar, e dáballes legumes.

 

17Deus concedeulles a estes catro mozos ciencia e intelixencia en toda clase de letras e

sabedoría. Daniel tamén sabía interpretar visións e soños.

 

18Cando se cumpriu o tempo sinalado polo rei para seren presentados os mozos, o xefe

dos oficiais levounos ante Nabucodonosor. 19O rei conversou con eles, e non encontrou

entre todos ningún coma Daniel, Hananías, Mixael e Azarías. Quedaron, pois, ó servicio

do monarca. 20En tódalas cuestións de sabedoría e intelixencia que o rei lles propuxo,

atopounos dez veces superiores a tódolos meigos e adiviños que existían en todo o seu

reino.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 52. 53. 54. 55. 56

R/ (52b): Moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos

 

52"Bendito es Ti, Señor, Deus de nosos pais,

digno de gloria e da meirande louvanza polos séculos.

Bendito o teu nome, santo e glorioso,

moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos.

 

53Bendito es Ti no templo da túa santa gloria,

moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos.

 

54Bendito es Ti sobre o trono do teu reino,

moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos.

 

55Bendito es Ti que sondéa-los abismos sentado sobre querubíns,

moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos.

 

56Bendito es Ti no firmamento do ceo,

louvado e cheo de gloria para sempre.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 14, 1-3. 4b-5:

O nome de Cristo e de seu Pai está escrito nas súas frontes

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta

e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mailo nome do seu Pai.

2E oín unha voz desde o ceo coma o bruído dunha gran tormenta de auga e tronos; a voz

que oín semellaba a duns harpistas, floreando nas súas harpas. 3Cantaban un cántico

novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía

aprende-lo seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.

 

4Estes son os que acompañan o Año a onde el vaia. Estes foron mercados entre os

homes, coma ofrenda de primicias para Deus e para o Año. 5E na boca deles

endexamais non se atopou mentira: son inmaculados.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6

R/ (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor

 

Do Señor é a terra e canto a enche,

o orbe e canto nel habita.

2El é quen a fundou sobre os mares

e quen a asegurou sobre as correntes.

 

3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?

¿Quen poderá quedar no seu santuario?

4O que ten as mans limpas e puro o corazón,

o que non pon a mente en cousas vas

 

 5Ese recibirá do Señor bendición

e xustiza de Deus, o seu salvador.

6Así é a liñaxe dos que o buscan,

dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.

 

 

 

ALELUIA Mt 24, 42a. 44:

Vixiade e estade preparados,

porque á hora que menos pensedes virá o Fillo do home

 

 

 

EVANXEO Lc 21, 1-4:

Viu unha viúva moi pobre que botaba unha miseria

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

21 1Xesús ergueu a vista e viu uns ricos que botaban os seus donativos na boeta do

tesouro. 2E viu tamén unha viúva moi pobre, que botaba unha miseria. 3Entón dixo:

 

-Asegúrovos unha cousa: esta pobre viúva botou máis ca todos. 4Porque todos estes

botaron do que lles sobra, pero ela na súa pobreza botou canto tiña para vivir.

 

 

 

504.- MARTES

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 2, 31-45:

Establecerá Deus un reino que non esmorecerá e que consumará tódolos reinos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

 Daniel díxolle a Nabucodonosor:

 

31Ti, rei, estabas vendo, e velaquí, unha estatua grande. A estatua era enorme, e o seu

brillo extraordinario; erguíase diante de ti, e o seu aspecto era terrible. 32A cabeza da

estatua era de ouro puro; o peito e mailos brazos, de prata; o ventre e mailos cadrís, de

bronce; 33as pernas, de ferro; e os pés, parte de ferro e parte de barro. 34Seguías

fitándoa, cando se desprendeu unha pedra sen a tocar ninguén, foi bater contra os pés da

estatua, que eran de barro e mais de ferro, e esnaquizounos. 35Nun instante volvéronse

po o ferro e mailo barro, o bronce, a prata e mailo ouro; tornáronse coma a palla miúda

das eiras no verán; o vento arramplou con eles sen deixar rastro. Pola súa banda, a pedra

que desfixo a estatua creceu e transformouse nunha montaña tan grande que enchía toda

a terra.

 

36Este foi o soño; agora imos expoñer ante o rei o seu significado: 37ti, maxestade, rei

de reis, a quen o Deus do ceo concedeu o imperio, a forza, o poder e maila maxestade,

38a quen deu poder sobre os homes, onde queira que eles habiten, sobre os animais do

campo e as aves do ceo, para que reines sobre todos eles: ti e-la cabeza de ouro.

39Despois de ti alzarase outro imperio, inferior ó teu; e, máis adiante, un terceiro

imperio que será de bronce e dominará sobre a terra toda. 40Máis tarde haberá un cuarto

imperio, forte coma o ferro; do mesmo xeito que o ferro destroza e tritura todo, tamén el

ha destrozar e triturar a tódolos outros.

 

41Os pés e mailos dedos que viches, de ferro mesturado con barro de oleiro, representan

un reino dividido, aínda terá algo da consistencia do ferro, tal como víche-lo ferro

mesturado co barro. 42Conforme eran as dedas dos pés, en parte de ferro e en parte de

barro, así, unha parte do imperio será forte e outra parte será fráxil.

 

43O feito de ve-lo ferro mesturado co barro quere dicir que se mesclarán as liñaxes,

pero sen se fusionaren unha coa outra, como tampouco o ferro se amalgama co barro.

44No tempo deses reis, o Deus do ceo suscitará un reino que endexamais non será

derrubado nin cederá o poder a outro pobo; máis aínda: destruirá e acabará con todos

estes reinos, e el subsistirá para sempre, 45tal e como viches que se desprendeu a pedra

do monte, sen intervención de ningunha man, e esnaquizou o ferro, o bronce, o barro, a

prata e mailo ouro.

 

O Deus grande deu a coñecer ó rei canto vai acontecer no futuro. O soño é verdadeiro e

a súa interpretación, digna de creto.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 57. 58. 59. 60. 6 1

R/ (59b): Louvádeo e exaltádeo polos séculos

 

 57Tódalas obras do Señor, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

58Anxos do Señor, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 59Ceos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

60Tódalas augas que estades por enriba do ceo, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 61Tódolos exércitos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 14, 14-19:

Chegou a hora de colleitar, porque está a punto a seitura da terra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán, tiven unha visión. Apareceu unha nube branca, e sobre a nube un cabaleiro

semellante a un Fillo de home, cunha coroa de ouro na cabeza e na man unha fouce ben

afiada. 15Outro anxo saíu do santuario, berrándolle con fortes berros ó cabaleiro da

nube: "Agarra a túa fouce e sega que xa chegou o tempo da seitura: a colleita da terra xa

está seca". 16O cabaleiro da nube botou a súa fouce no mundo e fíxose a seitura.

 

17Logo outro anxo saíu do santuario celeste, tamén el cunha fouce ben afiada. 18Des-

pois de onda o altar saíu outro anxo, o que tiña poder sobre o lume, e chamou a berros ó

que tiña a fouce ben afiada e díxolle: "Mete a túa fouce ben afiada e vendima os acios da

viña da terra, porque os bagos están maduros de máis". 19E meteu o anxo a súa fouce na

viña do mundo e vendimouna e botou os acios na moxega grande da ira de Deus.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 10. 11-12. 13

R/ (13b): Vén o Señor xulga-la terra

 

10Dicide entre as xentes:

-"O Señor reina,

asenta o mundo, e non se move,

goberna os pobos rectamente".

 

11Alégrese o ceo, exulte a terra,

brúe o mar e canto o enche;

12rían os campos e o que hai neles,

rebrinquen as árbores do bosque,

 

13diante do Señor que vén,

que vén para rexe-la terra.

El rexerá o mundo con xustiza

e os pobos con rectitude.

 

 

ALELUIA Ap 2, 10c:

Sé fiel ata a morte, di o Señor,

e dareiche a coroa da vida

 

 

 

EVANXEO Lc 21, 5-11:

Non quedará pedra sobre pedra

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

5Comentaban algúns a fermosa cantería con que estaba construído o templo, e os

exvotos que o adornaban. Pero Xesús díxolles:

6-Todo isto que estades a contemplar, días virán nos que o derrubarán ata que non quede

pedra sobre pedra.

 

7Eles preguntáronlle:

-Mestre, dinos, ¿cando van pasar estas cousas? ¿Cal será o signo de que van suceder?

 

8El empezoulles a dicir:

-Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo:

"son eu" e "está a chega-lo momento", pero non os sigades. 9Cando oiades falar de

guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro,

pero aínda non será a fin.

 

10Entón díxolles:

-Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; 11haberá grandes terremotos, pestes e

fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo.

 

 

 

 505.- MÉRCORES

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 5, 1-6. 13-14. 16-17. 23-28:

Apareceron uns dedos de man humana e puxéronse a escribir

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

5 1O rei Baltasar ofreceu un gran banquete ós seus mil dignatarios, e púxose a beber

viño en compaña de todos eles. 2Despois de proba-lo viño, Baltasar mandou trae-los

vasos de ouro e prata que seu pai, Nabucodonosor, collera do templo de Xerusalén, para

que bebesen neles o rei e mailos seus dignatarios, as súas mulleres e as súas concubinas.

3Tan pronto como trouxeron os vasos de ouro e prata, levados do santuario do templo

de Deus en Xerusalén, brindaron con eles o rei e mailos seus dignatarios, as súas

mulleres e mailas concubinas. 4Beberon viño e louvaron os seus deuses de ouro, prata,

bronce, ferro, madeira e pedra.

 

5De repente apareceron os dedos dunha man de home, que, por detrás do candeeiro, se

puxeron a escribir no cal da parede do pazo real. O rei así que viu a palma da man que

escribía, 6virou de cor e os seus pensamentos conturbárono, afrouxáronselle os

músculos dos riles e os seus xeonllos batían un contra o outro.

 

13Trouxeron de seguida a Daniel ante o monarca. Este, tomando a palabra, preguntoulle

a Daniel:

-¿Es ti Daniel, un daqueles desterrados que trouxo o rei, meu pai, de Xudá? 14Teño

oído contar que mora en ti o espírito dos deuses, e que en ti se descubriu unha

intelixencia despexada e unha sabedoría extraordinaria.

 

16Oín dicir que ti sabes interpreta-los soños e descifrar enigmas; pois, se consegues ler

este escrito e me dás a sabe-la súa interpretación, serás vestido de púrpura, levarás ó

pescozo un colar de ouro, e sera-lo terceiro no goberno do meu reino.

 

17Daniel tomou a palabra e dixo en presencia do rei:

-Queda cos teus regalos e dálle a outro os teus agasallos; eu lerei igualmente o escrito

para o rei, e dareille a coñece-la súa interpretación.

 

23Rebelácheste contra o Señor do ceo, fixeches trae-los vasos do seu templo, e ti e

mailos teus dignatarios, xunto coas túas esposas e mailas túas concubinas, bebestes viño

neles. Louváste-los deuses de prata e ouro, de bronce e de ferro, de madeira e de pedra,

que non ven nin oen, nin entenden; en cambio non glorificáche-lo Deus que ten nas súas

mans o teu alento e de quen dependen tódolos teus proxectos. 24Por ese motivo foi

enviada por El esa man que trazou este escrito.

 

25Esta é a escritura que foi trazada: "Contado, Pesado, Dividido". 26A interpretación de

tales palabras é esta: "Contado": Deus ten contados os días do teu reinado, e púxolles

fin. 27"Pesado": fuches pesado na balanza e atopado falto de peso. 28"Dividido": o teu

reino foi dividido e entregado ós medos e ós persas.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 62- 63- 64- 65 66. 67

R/ (59b): Louvádeo e exaltádeo polos séculos

 

62Sol e lúa, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

63Estrelas do ceo, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 64Toda chuvia e orballo, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

65Tódolos ventos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 66Lume e calor, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

67Friaxe e quentura, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 15, 1-4:

Cantaban ó cántico de Moisés e o cántico do Año

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

Eu, Xoán, vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as

derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.

 

2Despois vin coma un mar de cristal mesturado con lume e os que saíron con ben da

loita coa besta, coa súa imaxe e co número do seu nome, vinos de pé enriba do mar de

cristal, con cítaras para o canto de Deus. 3Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés,

e a cántiga do Año, dicindo:

 

"Grandes e admirables son as túas obras,

Señor Deus, que todo o sostés;

xusto e fiel é o teu comportamento,

Rei das nacións.

4¿Quen non respectará

e glorificará o teu nome, Señor?

 

Porque só ti es santo.

Tódalas nacións virán

e adorarante postradas perante Ti,

porque os teus xustos xuízos quedaron ben á vista".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 97, 1. 2-3ab. 7-8. 9

R/ (Ap 15, 3b): Grandes e marabillosas son as túas obras,

Señor Deus omnipotente

 

 Cantádelle ó Señor un cántico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

 

2O Señor dá a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

 

7Brúe o mar e canto o enche,

o mundo e cantos o habitan;

8aplaudan os ríos,

xuntos canten os montes,

 

9diante do Señor que vén

para rexe-la terra.

 

El rexerá o mundo con xustiza

e os pobos con rectitude.

 

 

 

ALELUIA Ap 2, 10c:

Sé fiel ata a morte, di o Señor,

e dareiche a coroa da vida

 

 

EVANXEO Lc 21, 12-19:

Odiaranvos por causa do meu nome, e nin un pelo da vosa cabeza perecerá

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

12Botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e

gobernadores por causa miña; 13así teréde-la oportunidade de dar testemuño. 14Metede

ben na cabeza que non tedes que preocuparvos pola vosa defensa, 15que eu vos darei

unha elocuencia e mais unha sabedoría que non poderán resistir nin replica-los vosos

adversarios. 16Entre-garanvos vosos mesmos pais, irmáns, parentes e amigos.

Mataranvos a algúns de vós, 17e todos vos aborrecerán por causa miña, 18e mais non

perderedes nin un pelo da vosa cabeza. 19Coa vosa perseverancia, salvaréde--las vosas

vidas.

 

 

 

506.- XOVES

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 6, 12-28:

Deus mandou o seu anxo e pechou as fauces dos leóns

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

12Viñe-ron de contado uns homes e sorprenderon a Daniel que estaba a rezar e a pregar

ó seu Deus. 13Entón foron onda o rei e faláronlle da prohibición real:

-Maxestade, ¿non asinaches ti unha prohibición segundo a cal todo aquel que nun

espacio de trinta días lle rece a calquera que sexa, deus ou home, salvo a ti, rei, será

botado na cova dos leóns?

 

Respondeu o rei:

-Así está decretado como lei de medos e persas, que é irrevocable. 14Entón replicaron

eles en presencia do rei:

 

-Pois, Daniel, un dos deportados de Xudea, non che fai caso a ti, maxestade, nin á

prohibición que asinaches: el fai oración tres veces por día.

 

15En oíndo estas palabras, o rei ficou moi contristado e propúxose salvar a Daniel.

Estivo ata o solpor tratando de salvalo. 16Pero aqueles homes precipitáronse na casa do

rei, e dixéronlle:

-Maxestade, ben sabes que, segundo a lei dos medos e persas, ningunha prohibición ou

edicto confirmado polo rei pode ser modificado.

 

17Entón o rei mandou que trouxesen a Daniel e que o botasen na cova dos leóns.

Tomou a palabra o rei e díxolle a Daniel:

-Que te salve o teu Deus, a quen serves con tanta constancia.

 

18Trouxeron unha lousa e colocárona na entrada da cova, e o rei selouna co seu anel e

mais co dos seus dignatarios, para que non se puidese cambia-la sorte de Daniel.

19Despois o rei volveu para o seu pazo, e pasou a noite en xexún. Non permitiu que lle

trouxesen concubinas nin puido dormir. 20Pola mañá cediño, ó raia-la aurora, ergueuse

o rei e dirixiuse de contado á cova dos leóns. 21Estando xa próximo á cova, púxose a

gritarlle a Daniel con voz angustiada:

-¡Daniel, servo de Deus vivo! O teu Deus, a quen serves con tanta fidelidade, ¿deute

salvado dos leóns?

 

22Contestoulle Daniel:

-¡Que viva para sempre o rei! 23O meu Deus mandou o seu anxo a pecha-la boca dos

leóns, e non me fixeron ningún mal, porque fun atopado inocente ante El. Tampouco

cometín falta ningunha contra ti, maxestade.

 

24O rei alegrouse moito e mandou sacar a Daniel da cova. Sacaron a Daniel da cova, e

non lle encontraron ningunha ferida, porque tivera confianza no seu Deus. 25Despois o

rei mandou traer a aqueles homes que calumniaran a Daniel e que fosen botados na cova

dos leóns, non só eles, senón tamén as súas mulleres e mailos seus fillos. Aínda ben non

chegaran ó fondo da cova, cando os leóns xa os tiñan agarrados e trituráronlles tódolos

ósos.

 

26Entón o rei Darío escribiu a tódolos pobos, nacións e linguas que moraban sobre toda

a terra: "¡Que a vosa paz sexa grande! 27Eu dou orde de que en tódolos dominios do

meu reino se tema e se respecte o Deus de Daniel, pois El é o Deus que subsiste por

sempre. O seu reino endexamais non será destruído, o seu imperio durará sen fin. 28El

salva e libra, obra prodixios e marabillas no ceo e mais na terra; El foi quen librou a

Daniel do poder dos leóns".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 68. 69. 70. 71. 72. 73. 74

R/ (59b): Louvádeo e exaltádeo polos séculos

 

68Orballos e nevadas, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

69Carazo e frío, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

70Xeadas e neves, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

71Noites e días, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 72Luz e tebras, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

73Lóstregos e nubes, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

74Bendiga a terra o Señor,

lóuveo, exálteo polos séculos.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 18, 1-2. 21-23; 19, 1-3. 9a:

Caeu Babilonia a grande

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

 18 1Despois disto vin outro anxo baixar do ceo. Tiña gran poder e a terra quedou

iluminada coa súa gloria. 2Berrou con voz poderosa:

"Caeu, caeu Babilonia, a grande,

volveuse morada de demos,

cova de todo espírito impuro,

niño de todo paxaro impuro e noxento.

 

21Entón un anxo forte ergueu unha pedra coma unha grande moa de muíño e botouna

no mar dicindo:

 

"Con forza coma esta han botar

a Babilonia, a gran cidade,

e non a atoparán máis.

22A música dos citaristas e dos músicos,

a melodía dos frautistas e dos trompetistas

xa non se oirá máis en ti;

e artesán ningún, de calquera oficio que for,

non o haberá máis en ti;

e o remusmús da moa do muíño

non se volverá sentir máis en ti;

23e a luz do farol

non volverá brillar máis en ti,

e as palabras amorosas do esposo e da esposa

non se oirán máis en ti:

Porque, sendo os teus traficantes os máis grandes de todo o mundo,

tódalas xentes se perderon coas túas bruxerías;

 

19 1Despois disto oín no ceo coma unha forte voz dunha gran multitude, que dicía:

"¡Aleluia!

A salvación, a gloria e o poder son do noso Deus,

2porque verdadeiras e xustas son as súas sentencias.

 

El condenou a gran Prostituta,

que coa súa prostitución corrompeu o mundo,

El vingou o sangue dos seus servos,

que ela tiña no seu poder".

 

3Logo repetiron:

"¡Aleluia!

O fume do seu castigo sobe por tódolos séculos".

 

9Logo o anxo díxome: "Escribe: ¡Benia os que están convidados ó xantar das vodas do

Año!".

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 4. 5

R/ (Ap 19, 9a): Ditosos os convocados á cea das vodas do Año

 

2servide o Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.

 

3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.

 

4Entrade polas súas portas con louvanzas:

polos seus adros con cántigas.

Celebrádeo e bendicide o seu nome,

5porque o Señor é bo.

 

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.

 

 

 

ALELUIA Lc 21, 28:

Alzade ben a mirada e a vosa cabeza,

porque está cerca a vosa redención

 

 

 

EVANXEO Lc 21, 20-28:

O xentís esmagarán cos pés a Xerusalén ata que se lle cumpra tamén o tempo ós pagáns

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

 

20Cando vexades a Xerusalén sitiada polos exércitos, sabede que está a chega-la súa

destrucción. 21Entón os que estean en Xudea, que fuxan para os montes; os que estean

na vila, que se afasten; e os que estean no campo, que non entren na vila; 22porque estes

son días de escarmento, nos que se cumprirá canto está escrito. 23¡Ai das que estean

embarazadas ou criando naqueles días! Porque haberá unha grande apretura no país, e

un terrible xuízo para este pobo. 24Caerán baixo a espada, levaranos presos a tódolos

países do mundo, e os pagáns esmagarán cos pés a Xerusalén, ata que se lles cumpra

tamén o tempo ós pagáns.

 

25Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia

ante o bruar do mar e das ondas; 26os homes morrerán cheos de medo e de desacougo,

polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán. 27Entón verán o Fillo do

Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.

 

28Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza,

porque chega o día da vosa liberación.

 

 

 

507.- VENRES

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 7, 2-14:

Velaí nas nubes do ceo un coma fillo do home

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

-Eu, Daniel, estiven vendo as miñas visións durante a noite. Vin que os catro ventos do

ceo axitaban o mar grande, 3e catro animais enormes, distintos uns dos outros, saíron do

mar. 4O primeiro era coma un león, e tiña ás de aguia. Estíveno ollando ata que lle

arrincaron as ás, erguérono do chan, puxérono dereito sobre os seus pés coma un home,

e déronlle un corazón de home. 5Nisto apareceu un segundo animal, semellante a un

oso; estaba ergueito dun lado e tiña tres costelas na boca, entre os dentes. Dixéronlle:

"Érguete e come carne abondo".

 

6Despois disto, eu seguín mirando e vin outro animal, coma un leopardo con catro ás de

ave no lombo. O animal tiña catro cabezas e foille dado o dominio.

 

7Máis tarde continuei a olla-las miñas visións nocturnas, e vin un cuarto animal,

terrible, abraiante e extraordinariamente forte; tiña uns dentes de ferro enormes, comía e

trituraba, o que lle sobraba esmagábao coas patas; era diferente dos animais anteriores e

tiña dez cornos. 8Eu púxenme a observa-los cornos, e vin xurdir outro corno pequeno

no medio deles, e tres dos cornos precedentes foron arrincados en fronte deste. Aquel

corno tiña ollos que semellaban os dun home, e unha boca que dicía insolencias.

 

9Eu estaba fitando, cando se colocaron uns tronos e un ancián tomou asento. O seu

vestido era branco coma a neve, e os cabelos da súa cabeza coma pura lá; o seu trono

eran labaradas de lume; as súas rodas, lume ardente. 10Un río de lume corría e

derramábase por diante del; miles de milleiros servíano, e dez mil miríadas estaban de

pé diante del. O tribunal abriu a sesión, e abríronse os libros.

 

11Seguín mirando, atraído polas insolencias que profería o corno; estiven observando

ata que mataron o animal e esnaquizaron o seu corpo e despois botárono ó lume. 12Os

outros animais foilles quitado o poder, pero concedéuselles vida por un certo tempo.

 

13Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén

semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ó ancián e presentouse diante del.

 

14Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e servírono tódolos pobos, nacións e

linguas. O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais

non será destruído.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 75. 76. 77. 78. 79. 80. 81

R/ (59b): Louvádeo e exaltádeo polos séculos

 

75Montes e outeiros, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

76Tódalas plantas da terra, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

77Fontes, bendicide o Señor,

louvádeo, exálteo polos séculos.

 

78Mares e ríos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

79Cetáceos e toda a fauna acuática, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

80Tódalas aves do ceo, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

81Tódolos animais salvaxes e domésticos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 20, 1-4. 11 -- 21, 2:

Foi xulgado cada un segundo as súas obras. Vin unha nova Xerusalén que baixaba do ceo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

20 1Logo vin que outro anxo baixaba do ceo, coa chave do abismo e unha cadea grande

na man. 2Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satanás, e

encadeouno para mil anos. 3Botouno no abismo e pechou e púxolle selo á pechadura

diante do dragón para que xa non extravíe máis as nacións ata que se cumpran os mil

anos; despois hano soltar unha miguiña de tempo.

 

4Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselle-lo poder de xulgar. Vin tamén as

ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mailas dos

que non se postraron para adora-la besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta

na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo

mil anos.

 

11Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presencia fuxiron

o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro. 12Logo vin os mortos, grandes e pequenos,

de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é

ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras. 13O mar entregou

os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos que neles había; e a

cadaquén xulgárono polas súas obras. 14A Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume.

Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume. 15A quen non apareceu inscrito no libro da

Vida botárono na lagoa do lume.

 

21 1Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa

pasaran; e o mar xa non existía. 2Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova,

baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu

esposo.

 

 

SALMO RESPONSORIAL Ps 83, 3. 4. 5-6a e 8a

R/ (Ap 21, 3b): Velaquí a morada de Deus entre os homes

 

3A miña alma ten saudade,

consómese polos teus adros;

o meu corazón e todo o meu corpo

reloucan polo Deus vivo.

 

4Mesmo o paxaro atopa casa,

a andoriña un niño

onde poñe-los filliños,

ó pé dos teus altares,

Señor dos exércitos,

meu rei e meu Deus.

 

5Ditosos os que habitan na túa casa

e decote te louvan.

6Ditosos os que atopan en ti forza

8Atravesan de forte en forte,

 

 

ALELUIA Lc 21, 28:

Alzade ben os ollos e a vosa cabeza,

porque está cerca a vosa redención

 

 

 

EVANXEO Lc 21, 29-33:

Cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o reino de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

29Xesús púxolles ós seus discípulos esta comparación:

-Reparade na figueira e nas demais árbores: 30cando as vedes agromar, sabedes por vós

mesmos que está vindo o verán. 31Pois vós igual: cando vexades que pasan estas

cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus. 32Asegúrovos que non

pasará está xeración sen que antes aconteza todo isto. 33O ceo e maila terra pasarán,

pero as miñas palabras non pasarán.

 

 

 

508.- SÁBADO

 

ANO 1

PRIMEIRA Dn 7, 15-27:

Déaselle o reino e o poder ó pobo dos santos do Altísimo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL

 

15En canto a min, Daniel, o meu espírito quedou profundamente turbado por este

motivo; aterrábanme as visións da miña cabeza. 16Aproximeime a un dos que estaban

alí de pé e pedinlle que me explicase todo aquilo. El respondeume e deume a coñece-la

interpretación destas cousas:

 

17-Estes catro animais enormes representan catro reis que xurdirán sobre a terra; 18pero

os santos do Altísimo recibirán o reino e conservarano no seu poder por tódolos séculos,

eternamente.

 

19Entón quixen saber tamén a verdade acerca do cuarto animal, que era diferente de

tódolos demais: extraordinariamente terrible, con dentes de ferro e gadoupas de bronce,

que devoraba e trituraba e esmagaba coas patas o sobrante; 20e acerca dos dez cornos da

súa cabeza, e mailo outro corno que lle saíra e fixera caer outros tres cornos; este corno

tiña ollos e unha boca que dicía insolencias, e o seu aspecto figuraba máis grande cós

outros. 21Eu tiña observado como este corno loitaba contra os santos e os vencía. 22Ata

que veu o ancián para impór xustiza en favor dos santos do Altísimo, e chegou o tempo

en que os santos tomaron posesión do reino.

 

23Despois díxome así:

-O cuarto animal será un cuarto reino que vai haber na terra, diferente de tódolos reinos;

devorará toda a terra, mallará nela e trituraraa. 24Os dez cornos son dez reis que

xurdirán deste reino. Despois deles alzarase outro, que será diferente dos precedentes e

abaterá a tres reis; 25pronunciará palabras contra o Altísimo, tratará de extermina-los

seus santos e pretenderá cambia-lo calendario e maila Lei. Eles serán entregados nas

súas mans por un tempo, dous tempos e medio tempo. 26Pero cando o tribunal decida,

seralles quitado o imperio para ser destruído e exterminado para sempre. 27O imperio, a

soberanía e maila grandeza dos reinos todos que existen debaixo do ceo serán

entregados ó pobo dos santos do Altísimo. Será un reino eterno e tódalas soberanías lle

mostrarán respecto e sumisión.

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Dn 3, 82. 83. 84. 85. 86. 87

R/ (59b): Louvádeo e exaltádeo polos séculos

 

82Tódolos homes, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

83Israel, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

84Sacerdotes do Señor, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

85Servos do Señor, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 86Espíritos e almas dos xustos, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

87Santos e humildes de corazón, bendicide o Señor,

louvádeo, exaltádeo polos séculos.

 

 

ANO 2

PRIMEIRA Ap 22, 1-7:

Non haberá xa máis noite, porque o Señor derramará sobre eles a súa luz

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

 

22 1O anxo do Señor mostroume a min, Xoán, un río de auga vivificadora, clara coma

un cristal, que saía do trono de Deus e do Año. 2Contra do medio da rúa principal da

cidade, a unha e outra beira do río, había unha árbore da vida, que dá doce colleitas por

ano, unha cada mes e as follas destas árbores son boas para cura-las nacións.

 

3Alí endexamais non haberá nada maldito. Nela estará o trono de Deus e mais do Año; e

será alí onde os seus servidores o servirán. 4Verano cara a cara e levarán o seu nome

escrito na fronte. 5Alí endexamais non haberá noite nin precisarán da luz da lámpada

nin da luz do sol, porque o Señor Deus será a luz que os alumee e eles serán reis polos

séculos dos séculos.

 

6Logo díxome: "Estas palabras merecen fe e son verdadeiras, pois o Señor, o Deus que

inspira os profetas, mandou o seu anxo, para que lles amosase ós que o serven as cousas

que han acontecer axiña. 7Mira que veño de seguida. Benia o que fai caso ás profecías

que están neste libro".

 

 

 

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 94, 1-2. 3-5. 6-7

R/ (1 Cor 16, 22b e Ap 22, 20c): ¡Maran atha!

¡Ven, Señor Xesús!

 

1Vide, cantémoslle ó Señor,

aclamémo-la nosa rocha salvadora;

2acheguémonos á súa presencia con louvanza,

aclamémolo con cancións.

 

3O Señor é un Deus grande,

rei poderoso sobre tódolos deuses.

4Ten os fundamentos da terra na súa man,

perténcenlle os cumes dos montes.

5Seus son os mares, que El fixo,

os continentes, que formou a súa man.

 

6Vide, adorémolo postrados,

axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.

7El é o noso Deus

e nós sómo-lo seu pobo,

o rabaño que guía a súa man.

¡Se escoitasedes hoxe a súa voz!

 

 

 

ALELUIA Lc 21, 36:

Vixiade, orando permanentemente,

para que poidades estar en pé diante do Fillo do home

 

 

 

EVANXEO Lc 21, 34-36:

Vixiade, para que poidades escaparlle a todo iso que vai vis

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

-34Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordoedes na borracheira, na

libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día; 35porque

caerá coma un lazo sobre tódolos que habitan a terra. 36Vós vixiade sempre, e pregade

para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do

Fillo do Home.

 

 

 

509.- ALELUIAS

para as ferias "per annum"

 

 

 

1. 1 Sam 3, 9; Xn 6, 68c:

Fala, Señor, que o teu servo escoita;

ti tes palabras de vida eterna

 

 2. Cf Sal 18, 9:

As túas palabras, Señor, aledan os corazóns,

os teus preceptos iluminan os ollos

 

 

3. Sal 24, 4b. 5a:

Ensíname, meu Deus, os teus sendeiros,

diríxeme na túa verdade

 

4. Cf Sal 26, 11:

Ponme, Señor, a lei no teu camiño,

guíame pola senda recta

 

 5. Cf Sal 94, 8ab:

Hoxe non endurezádelos vosos corazóns,

senón escoitade a voz do Señor

 

 6. Sal 110, 7b-8a:

Tódolos teus mandamentos son firmes, Señor,

están fixados polos séculos

 

 7. Sal 118, 18:

Abre, Señor, os meus ollos,

e considerarei as marabillas da túa lei

 

 8. Sal 118, 27:

Instrúeme nos teus mandatos

e meditarei as túas marabillas

 

9. Sal 118, 34:

Dáme, Señor, entendemento para observa-la túa lei,

e gardareina de todo corazón

 

 10. Sal 118, 36a. 29b:

Inclina, Señor, o meu corazón ás túas revelacións;

e dame a gracia da túa instrucción

 

 

11. Sal 118, 88:

Polo teu amor, fai que viva

e gardarei a revelación da túa boca

 

 12. Sal 118, 105:

A túa palabra é o faro dos meus pés,

a luz do meu camiño

 

 13. Sal 118, 135:

Fai brillar ante o teu servo a túa presencia

e ensíname os teus mandatos

 

 14. Cf Sal 129, 5:

Eu espero no Señor,

confío na súa palabra

 

15. Sal 144, 13cd:

Fiel é o Señor na súa palabra,

santo en tódalas súas obras

 

16. Sal 147, 12a. 15a:

Glorifica ó Señor, Xerusalén,

el manda á terra a súa mensaxe

 

 17. Mt 4, 4b:

Non soamente de pan vive o home,

senón de toda palabra saída da boca de Deus

 

18. Cf Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, señor do ceo e mais da terra,

porque lles revelaches ós humildes os misterios do reino

 

 19. Cf Lc 8, 15:

Ditosos os de bo e xeneroso corazón,

que reteñen a palabra de Deus,

producindo froito coa súa perseverancia

 

 20. Cf Xn 6, 63c. 68c:

As túas palabras, Señor, son espírito e vida;

ti tes palabras de vida eterna

 

 21. Xn 8, 12:

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue, terá a luz da vida

 

 22. Xn 10, 27:

As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;

e eu coñezoas e elas séguenme

 

23. Xn 14, 6:

Eu son o camiño e a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén vén ó Pai senón é por min

 

24. Xn 14, 23:

Se alguén me ama, gardará a miña palabra, di o Señor;

e o meu Pai amarao e viremos a el

 

25. Xn 15, 15b:

A vós trateivos de amigos, di o Señor,

pois todo o que lle oín a meu Pai,

déivolo a coñecer

 

 26. Cf Xn 17, 17b. a:

A túa palabra, Señor, é verdade;

conságraos na verdade

 

 27. Cf Feit 16, 14b:

Abre, Señor, o noso corazón,

para que fagamos caso das palabras do teu Fillo

 

 28. 2 Cor 5, 19:

Deus estaba en Cristo

reconciliando o mundo consigo,

e puxo en nós a mensaxe da reconciliación


 

29. Cf Ef 1, 17-18:

O Pai do noso Señor Xesús Cristo

manteña iluminados os ollos da nosa alma,

para que comprendámo-las esperanzas que abre a súa chamada

 

30. Flp 2, 15d. 16a:

Relucides coma fachos no universo,

presentando a palabra da vida

 

 31. Cf Col 3, 16a. 17c:

Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza;

dándolle gracias a Deus Pai por medio de Cristo

 

 32. Cf 1 Tes 2, 13:

Recibide a palabra de Deus,

non coma palabra de homes,

senón coma o que verdadeiramente é, palabra de Deus

 

33. Cf 2 Tes 2, 14:

Deus chamounos polo Evanxeo,

de xeito que logrémo-la gloria

do noso Señor Xesús Cristo

 

 34. Cf 2 Tim 1, 10:

O noso Salvador Xesús Cristo destruiu a morte

e alumeou a vida por medio do evanxeo

 

 35. Heb 4, 12:

A palabra de Deus é viva e eficaz,

diferencia os pensamentos e as intencións do corazón

 

 36. Sant 1, 18:

Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade,

para que fosemos como as primicias das súas criaturas

 

37. Sant 1, 21bc:

Acollede docilmente a palabra enxertada en vós,

que pode salva-las vosas vidas

 

38. 1 Pe 1, 25:

A palabra do Señor permanece para sempre;

Ora, esa é a palabra

con que vos evanxelizaron

 

 39. 1 Xn 2, 5:

Quen garda a palabra de Cristo,

nel o amor de Deus chega de verdade ó máximo

 

 

 

Para a derradeira semana

1. Mt 24, 42a. 44:

Vixiade e estade preparados,

porque na hora menos pensada preséntase o Fillo do home

 

2. Lc 21, 28:

Poñedevos de pe e erguede ben a cabeza,

porque chega o día da vosa liberación

 

 3. Lc 21, 36:

Vixiade, orando permanentemente,

para que poidades comparecer seguros diante do Fillo do home

 

 4. Ap 2, 10c:

Sé fiel ata a morte, di o Señor,

e dareiche a coroa da vida

 

 

Cf tamén n. 163.

 

Textos comúns para o canto do salmo responsorial: cf nn. 173-174